Cando as mulleres tomamos as rúas o patriarcado treme. Xúntate á marcha!

Soas podemos pero xuntas somos máis fortes

O 7 de novembro de 2015, ás 12h, mulleres e colectivos feministas marchamos xuntas a Madrid para exixir que a loita contra as violencias machistas sexa unha Cuestión de Estado.

Convidamos a toda a poboación civil a se sumar a esta marcha, xa que a erradicación das violencias machistas e das violencias cara ás mulleres é unha cuestión que atinxe a toda a sociedade.

Nin un feminicidio máis! Abonda de violencias machistas e de inacción por parte da xustiza e dos gobernos!

Restan...

Campaña

Novas

Contacta

Queremos que todas aquelas persoas que queiran sumar á Marcha contra as violencias machistas, poidan facelo coas maiores facilidades posibles. Por iso se tes algunha dúbida non dubides en nos enviar un correo e tentaremos de respostarche en breve.