Convite

CartazMIniaturaÁs organizacións e á sociedade civil:

O 7 de novembro terá lugar en Madrid unha manifestación estatal contra as violencias machistas. Falamos de violencias en plural, porque, aínda que o feminicidio é a expresión máis brutal do machismo, as súas violencias vivímolas cotidianamente o groso das mulleres. A violencia machista non consiste unicamente naquela que exercen os homes contra as súas parellas ou ex-parellas, senón que inclúe aquelas agresións que se producen en todo tipo de relacións e en todos os estratos sociais.

Esta marcha convocámola o Movemento Feminista, quen levamos anos saíndo á rúa a loitar por nós e polas nosas irmás. Nós que somos combativas e que damos a cara. Pero non estamos soas, estamos acompañadas pola sociedade civil, por moitas persoas individuais e organizadas, por un gran número de persoas que non se recoñece feminista e que, con todo, é.

Desde o Movemento Feminista queremos convidar a organizacións ecoloxistas, veciñais e de calquera índole que comparten a nosa loita e respectan os dereitos das mulleres; a mareas verdes, brancas, laranxas e de todas as cores; a agrupacións de traballadores e traballadoras; a persoas migrantes e locais e á cidadanía en xeral, a que se unan a esta  marcha feminista contra as violencias machistas.

Queremos pedirche que nos acompañes, sexas home ou muller, loitando xunto a nós e sumando a túa voz á nosa. Únete á nosa causa desde a túa organización e rompe o silencio. Se es dun partido exixe medidas desde dentro da túa organización; se es dun movemento social compartamos causas, porque soas podemos pero xuntas somos máis fortes. O 7 de novembro salgamos todas á rúa. O Movemento Feminista encabezará unha manifestación masiva que pretende concienciar sobre as violencias que as mulleres vivimos a diario.

Queremos pedirche que saias connosco por un día coa nosa bandeira: a feminista. A que nos visibiliza a todas e a todos, a que nos vai unir o 7 de novembro.

FacebookTwitterGoogle+PinterestWhatsAppLinePartilla!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*