Manifesto

Marcha Estatal Contra as violencias machistas. 7 de Novembro.

LogoManifestoO movemento feminista DENUNCIA que as violencias machistas supoñen a manifestación máis violenta da DESIGUALDADE DE XÉNERO E SUPOÑEN a máis grave violación dos DEREITOS HUMANOS DAS MULLERES que padece a nosa sociedade.

Desde o ano 1995, 1378 mulleres foron asasinadas polo terrorismo machista. No que levamos de ano contabilizáronse 70 feminicidios e outros asasinatos de mulleres cometidos por homes: só no verán de 2015 foron asasinadas 37 mulleres e 8 menores a mans das súas parellas, pais ou parellas das súas nais. Mulleres e menores sofren violencia patriarcal en múltiples formas. E isto só é a punta do iceberg.

Nos últimos anos padecemos os recortes sistemáticos nos recursos públicos xerais, nos  dereitos sexuais e os dereitos reprodutivos, recortes na interrupción voluntaria do embarazo das menores de entre 16 e 17 anos e recortes nos recursos especializados contra as violencias machistas. A cultura patriarcal culpabilízanos sen que a sociedade, os medios de masas e os poderes públicos se enfronten aos mitos misóxinos e anti-feministas.

O movemento feminista considera que as violencias, que vivimos en distintos ámbitos, suceden nunha sociedade que tolera a desigualdade, e resta credibilidade e autoridade ás mulleres. O machismo alimenta a nosa desvalorización, a cousificación dos nosos corpos e a falta de respecto ás nosas decisións. Igualmente, estas agresións son inseparables das que sofren as persoas que non responden á masculinidade hexemónica.

Por todo iso, o movemento feminista convoca a Marcha contra as violencias machistas o 7N para EXIXIR:

  • Que a loita contra o terrorismo machista sexa unha cuestión de estado.
  • Que se desenvolva e implemente o Convenio de Istambul e o cumprimento das recomendacións da CEDAW, e reforme a lei 1/2004 para que estean reflectidas todas as formas de violencia contra as mulleres.
  • Que toda a sociedade e as súas organizacións e institucións se comprometan nesta loita.
  • Que a loita e os recursos inclúan tanto a violencia que exerce a parella ou exparella coma as agresións sexuais, o acoso sexual no ámbito laboral, a trata con fins de explotación sexual/laboral de mulleres e nenas e todas as violencias machistas.
  • Que todas as instancias de goberno se comprometan realmente na prevención e erradicación das violencias machistas, así como na asistencia e reparación de todas as mulleres en situación de violencia, independentemente da situación administrativa na que se atopen.
  • Que o foco se poña na protección das afectadas, facilitando diferentes saídas que impliquen unha verdadeira recuperación vital, económica e social delas así como dos seus fillos e fillas.
  • Que a prevención sexa unha política prioritaria, que inclúa un sistema coeducativo en todos os ciclos, a formación específica para todo o persoal profesional que intervén nos procesos, os medios de comunicación, a produción cultural e a sociedade civil na loita contra as violencias machistas.
  • Que os medios de comunicación se comprometan a facer un tratamento adecuado das diferentes violencias machistas, visibilizándolas, evitando o sensacionalismo morboso no seu tratamento e empregando unha linguaxe e unhas imaxes non sexistas.
  • A eliminación da custodia compartida imposta e o réxime de visitas aos e ás menores dos maltratadores condenados. A retirada e non cesión da patria potestade aos maltratadores.

Tomemos conciencia dunha vez de que o Machismo Mata e fai imposible a convivencia exixible nunha democracia. Estamos aquí presentes para facer un chamamento a cada persoa, a cada institución, a cada partido político, a cada goberno para non ser cómplices desta barbarie.
A metade da humanidade ten que seguir vivindo, non podemos permitir nin un asasinato máis.

Por iso esperámosvos o próximo 7 de Novembro en Madrid, onde realizaremos unha Marcha que sairá desde o Ministerio de Sanidade no Paseo do Prado, ás 12 h, até Praza de España.

QUERÉMONOS VIVAS!!! XA ABONDA!!!

Descarga o manifesto

Descarga a moción para presentar nos concellos

FacebookTwitterGoogle+PinterestWhatsAppLinePartilla!